Escoitar

Vigo contará con cinco novos campos de fútbol de herba sintética en seis meses

O Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra van colaborar na creación de cinco novos campos de fútbol de herba sintética ao longo de 2006, concretamente en Candeán, Sárdoma-Moledo, Comesaña, Santa Marina e Valadares, cun investimento duns 3 millóns de euros.

luns, 3 abr 2006
1144072290campos030406.jpg
As obras, financiadas nun 75% pola Deputación, están adxudicadas xa e executaranse en periodos de dous a tres meses antes de finalizar o presente ano, incluíndo, ademais, a mellora das instalacións das referidas infraestruturas deportivas.

Segundo a alcaldesa, Corina Porro, esta actuación demostra que a Deputación "está con nós e co mundo do deporte". Pola súa parte, o portavoz do Goberno municipal, José Manuel Figueroa, salientou a "sensibilidade" da Deputación co deporte e a súa "implicación cos nenos e nenas". Figueroa estimou en aproximadamente 1.500 o número de nenos e nenas vigueses que se beneficiarán directamente desta medida.

Para a concelleira de Deporte, Lucía Molares, a creación destes novos campos é "un bo investimento, porque o deporte é tamén saúde e benestar". Lucía Molares recordou que estas obras forman parte do Plan 2005-2010 de Infraestuturas Deportivas.
Descargar todas as imaxes