Escoitar

Vigueses Distinguidos 2006

A Asociación de Persoas Xordas de Vigo, a Asociación Rosa dos Ventos, Conservatorio Superior de Música de Vigo, Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, Instituto de Investigacións Mariñas, talleres de Xoieiros e Esmaltistas Irmáns Hernández, Segundo Troncoso, Antón Pulido,Juan Manuel González Alonso e Macamen Blanco Gracia son ás persoas e entidades que este ano recibirán o galardón de Vigueses Distinguidos e que aprobou a Xunta de Goberno Local durante a sesión ordinaria celebrada o luns.

luns, 20 mar 2006
O Concello, anualmente, galardoa a persoas ou grupos de persoas que se distinguiron e sobresaíron ó longo das súas vidas polas súas virtudes humanas ou o seu quefacer profesional, en moitos casos non coñecidos pola maioría.Os galardóns entregaranse no decurso dun acto oficial no que se conmemora a Reconquista de Vigo e que este ano terá lugar o venres, 24 de marzo, ás 20 horas,no teatro do centro cultural de Caixanova. No decurso do acto entregase tamén a medalla da cidade que este ano recibirá o real Club Náutico de Vigo.

Relación dos Vigueses e Viguesas Distinguidos

1.-ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DE VIGO
Entidade sen ánimo de lucro fundada en 1972 e rexida pola vontade dos seus afiliados. Adícase a prestar o seu apoio e medios á comunicación de persoas sordas con discapacidade auditora ou xordocegas e asemade a reinvidicar o recoñocemento da lingua de signos española, evitando así a exclusión social. Actualmente conta con 243 socios e desenvolve as súas actividades principalmente na parroquia Pontevedra. A AXV está domiciliada en Vigo na rúa Gregorio Espino, 38- Entrechán, e está rexistrada no Concello con número 11408.

A súa traxectoria permitiu a un importante número de persoas con esta capacidade traballar e integrarse na vida laboral, nun plano de igualdade, mediante o fomento da autonomía e independencia.

2.- ASOCIACIÓN ROSA DOS VENTOS.-
Creada no 1984 promovida polo apostolado do mar, dedicouse a un traballo de defensa e respeto á dignidade da persoa do traballador do mar e a súa familia.

Orixinada nos portos de Baiona, La Guardia e Vigo, exténdese a un bó número de portos de Galicia, especialmente a partir da creación de Comisión de Mulleres de pescadores galegos, amosándose como importante temas como o peche do caladero de Namibia.

Na primeira convocatoria sobre seguridade e salvamento marítimo celebrada no ano 1990, deuse lectura ó seu máis importante documento que recollía os feitos, denuncias e reclamacións de todos os temas.

Entre os seus obxectivos cóntase o fomento e apoio e promoción dos traballadores do mar, organización e participación de accións encaminadas a esixir o respeto para os traballadores do mar, o incremento de relacións internacionais e o fomento da solidaridade en torno a defensa ae respeto das dignnidade ó traballador do mar e a súa familia.

3.- CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO.-
Foir creado por iniciativa do Concelleiro e Delegado de Cultura D. Manuel Dardo Estrada sendo Alcalde do Excmo. Concello de Vigo, D. Tomás Pérez Llorente, e foi inaugurado oficiamente o 26 de outubro de 1956; celebra por tanto, o seu 50 aniversario, acadando a validez académica oficial o 14 de xuño de 1957, como conservatorio a nivel elemental. Foi recoñecido como conservatorio de grado profesional o 6 de febreiro de 1975, chegando a Conservatorio Superior de múseca o 23 de marzo de 1984. Neste 50 anos de longa andadura convertiuse no prinicipal referente musical da cidade, sendo
considerado como o máis dinámico de Galicia, integrando no seu que facer un amplísimo abanico de disciplinas, e convertíndose, especialmente dende a súa ubicación no edificio da rúa Manuel Olivié, 23 na institución difusora da múseca por excelencia, contando, na súa traxectoria coa visita de personalidades, Teresa Berganza, Tomás Marco, Cristobal Halfter, Luis de Pablo, Orquesta Sinfónica de Galicia e un longísimo etc, que sería imposible de mentar axeitadamente.

4.- ESCOLA TÉCNICA SUPERIOR DE ENXEÑEIROS INDUSTRIAIS.-
Recollendo unha tradición da cidade de Vigo, xa que non podemos esquencer no ano 1886, a Escola de artes e oficios pode considerarse o primeiro antecedente, chamada posteriormente (1901) Escola de Artes e Industriais, esta institución, fundada en 1976, cumprindo polo tanto 30 anos na súa andaina e, o abeiro da Lei de reforma universitaria de 1983, que lle permitiu establecer as directrices dos seus plans de estudio, cobrou recoñecida fama por todo o estado español pola súa grande capacidade investigadora.

Nestes trinta anos a Escola técnica superior de enxeñeiros industriais da Universidade de Vigo veu pasar polas súas aulas varias xeracións de vigueses e galegos e tamén doutras rexións, atraídos sen dúbida pola boa traxectoria desta escola.

Actualmente estructurada en cinco anos, que pasarán a ser tres segundo os novos plans, conta con 2000 alumnos, coma unha das escolas máis solicitadas.

5.-INSTITUTO DE INVESTIGACIÓNS MARIÑAS.-
Pertencente ó Consello Superior de Investigacions Científicas creouse en 1951 como laboratorio costero dependente do Instituto de investigacións pesqueiras de Barcelona. Independiente desta institución dende 1978 toma o nome de Investigacións Pesqueiras dende 1986. Na súa historia máis recente, concretamente dende a inauguración da súa sede no edificio de Bouzas, destaca a experimentación en temas marinos e a investigación que realiza en torno a zooloxía, pesquerías, cultivos marinos, transformación e conservación de productos marinos e impacto medio ambiental tratando de acadar a resposta máis axeitada á demanda de todos estos sectores.

Por medio dos departamentos de oceanografía, biotecnoloxía e acuicultura, tecnoloxía de alimentos, recursos e ecoloxía marina, desenvolveu ó longo dos máis de 50 anos as investigacións máis completas encaminadas a cubrir a demanda existente e a levar o nome de Vigo polo vieiro do mar.

6.- TALLER DE XOIEROS E ESMALTISTAS IRMÁNS HERNÁNDEZ,-
Osmundo e Eloy Hernández Calzada abriron o seu primeiro taller en Vigo, en 1922 na Porta de Sol. Foron coñecidos polos seus delicados traballos en esmalte, chegando a figurar na exposicion internacional de Filadelfia de 1926
onde obtiveron a medalla de honor. Fillos Adoptivos de Vigo de 1927 incorporaron en 1956 a segunda xeración formada por Julián e Eloy que continuaron con esta tradición expoñendo na Universal de Bruselas na Rexional de Artesanía e outros galardóns o que acompaña a súa presencia en diversos museos.

En 1991 incorpórase a terceira xeración na persoa de Eloy Hernández Rollán mantendo a fermosura dos seu traballo nestes 85 anos de existencia no que
produxeron, trofeos, cuadros e xoias non só en esmalte senón en, metais preciosos figurando en coleccións de todo o mundo.

O actual director do taller, Eloy Hernández é membro do Padroado de Castrelos.

7.- SEGUNDO TRONCOSO.-
Nacido o 22 de xaneiro de 1922, exerceu inicialmente coma médico en marzo de 1946. Desenvolveu a súa actividade coma ciruxano no antigo Hospital Almirante Vierna , hoy Hospital Xeral de Vigo.

Persoa de enorme dedicación e moi emprendedor fundou a Clínica da Nosa Señora de Fátima inaugurada en 1963 e proxectada polo arquitecto Pérez Bellas.

En maio de 1976 constitúe, con varios empresarios e médicos da cidade a Sociedade Anonima "Centro Médico Galego S.A.", que continuará coa xestión da Clínica Fátima baixo á dirección de Julio González-Babé.

Persoa moi querida na cidade e verdadeiro exemplo para a profesión, foi proposto polo Colexio oficial de médicos para vigués distiguido para o 2002, si ben no foi elixido. Xeracións de vigueses pasaron pola súa experta consulta ata 1995 ano no que con 73 anos cumpridos cesou a súa actividade profesional coma ciruxano.

8.- ANTÓN PULIDO NOVOA.-
Nacido en Bóveda de Amoeiro en 1934, iniciou a súa traxectoria profesional combinando a súa traxectoria docente co artística que desenvolveu maís ampliamente en Barcelona onde especializouse en pintura e grabado na facultade de Belas Artes de San Jordi. Pintor de paleta amplia iniciouse con representación de esceas rurais para evolucionar hacia un estilo expresionista de multiplicidade cromática.

Pintor de un realismo intimista chega a unha abstracción próxima a un informalismo. Home inquieto e influido polas humanidades, a filosofía e a múseca editou diversas carpetas de grabados e traballou, asemade, coma asesor da enciclopedia galega universal. Foi director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea e vicepresidente do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais.

9.- JUAN MANUEL GONZÁLEZ ALONSO.-
Nacido en Vigo, parroquia de San Pedro de Sárdoma iniciouse moi novo na arte da gaita galega a compañado polo seu veciño Enrique Fernández Cerveño e o irmán deste Luis, formando o trío "Airiños da Nogueira" (Vigués Disitinguido 1993). Posteriormente fundaría o coñecido grupo do Parque de Castrelos no que permanecería ata o día de hoxe nunha permanente actividade que o levou a Oriente Medio, Grecia, Italia, Cuba, etc.

Con este grupo "Airiños do Parque de Castrelos" acompañou á Escola Municipal de Danza dende a súa fundación, contribuíndo notablemente á difusión da múseca e danza tradicionais galegas.
Actualmente segue en activo e, mantendo a súa tradición, o seu neto David González comparte con él esta traxectoria musecal.

Por outro xeito cabe destacar o seu labor como impulsor doutras formacións musicais.

10.- MACAMEN BLANCO GRACIA.-
Nacida en Cariñana (Aragón) estudiou farmacia en Madrid, sendo unha verdadeira interesada polas artes, literatura e a sociedade. Casada en Vigo, co o coñecido arquitecto José Bar Boó foi farmaceútica do hospital municipal dende 1959 ata 1972. Activa militante na Xunta Demócrática de Vigo, ocupou repetidas veces a Secretaría de Estudios e programas do PSdeG-PSOE.

Colaborou co grupo democrático de mulleres e promoveu a organización en 1975 do ano internacional da muller. Muller culta e activa é defensora a ultranza da cidade de Vigo á que considera cidade dinámica e progresista, industrial e intelectual que ela segue a defender. Deste xeito promoveu a 1ª Bienal de artistas galegas, coa intención de dar a coñecer o traballo de artistas esquencidas.