O Casco Vello centra os actos populares da Reconquista
venres, 24 mar 2006O Casco Vello de Vigo será escenario o sábado 25 e o domingo 26 de marzo de dúas novas xornadas de actos populares de celebración da Reconquista da cidade. Os actos festexan a Reconquista de Vigo ás tropas francesas, culminada o 28 de marzo de 1809.
Os Bolechas protagonistas da Reconquista nunha exposición
venres, 24 mar 2006Do 25 de marzo ao 2 de abril poderase ver no Verbum unha exposición co título "Os Bolechas. A Reconquista de Vigo" e que presentou o venres o concelleiro de Normalización Lingüística, Ignacio López Chaves.
A Gala do Deporte se consolida na súa séptima edición
venres, 24 mar 2006O Centro Cultural Caixanova celebrou un ano máis a Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca. Nesta séptima edición houbo 53 deportistas nomeados polas federacións galegas para optar o galardón de mellor deportista de Vigo e a súa comarca.
O Servizo de Educación distribuirá entre as escolas material didáctico sobre África
venres, 24 mar 2006O Servizo de Educación do Concello de Vigo distribuirá entre 33 centros de ensino a maleta pedagóxica "Tan preto, tan lonxe… África", deseñada e elaborada pola ONG "Jóvenes del Tercer Mundo". Segundo explicou o concelleiro Ignacio López-Chaves, esta iniciativa pretende contribuír a "fomentar unha conciencia de multiculturalidade" nos alumnos e nos profesores, "para que os nenos se adapten á nova sociedade".
Xunta de Goberno Local
venres, 24 mar 2006Asuntos para tratará a Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 27 de marzo ás 09:00 horas.