Oitenta expositores participarán do Salón Monográfico da Educación de Vigo
O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) acollerá do xoves 30 de marzo ao sábado 1 de abril o Salón Monográfico da Educación e a Formación Docentia, no que participarán cando menos 80 expositores que ocuparán unha superficie de 6.000 m2.
Nesta súa segunda edición, Docentia aspira a converterse nunha oportunidade única para o encontro de institucións, profesores, alumnos e grandes firmas vinculadas á educación, para xuntos optimizaren esforzos e garantir resultados eficaces no desempeño das súas actividades.
En Docentia participarán entidades de educación primaria, media e superior, institucións oficiais, administracións autonómicas, empresas provedoras do ensino e outras organizacións con intereses profesionais e económicos comúns. En 6.000 m2 do Pavillón 2 do IFEVI, Vigo aglutinará os principais protagonistas do sector, nun Salón Monográfico que xa empeza a perfilarse como un dos máis importantes da súa categoría.
Paralelamente ao Salón terán lugar no IFEVI actividades paralelas como unhas xornadas de orientación profesional e conferencias sobre o Espazo Europeo de Educación Superior, así como talleres como os de PowerPoint para profesores e de creación de páxinas web para profesionais do ensino.
Descargar todas as imaxes