xoves, 23 mar 2006
O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) acollerá do xoves 30 de marzo ao sábado 1 de abril o Salón Monográfico da Educación e a Formación Docentia, no que participarán cando menos 80 expositores que ocuparán unha superficie de 6.000 m2.
xoves, 23 mar 2006
O Servizo de Educación do Concello de Vigo vai repartir entre os centros de ensino secundario e as asociacións de veciños 500 CD-ROM didácticos sobre a nosa cidade. Este CD-ROM, titulado "A cidade de Vigo", foi elaborado por dúas profesoras do IES San Tomé de Freixeiro no marco dun concurso de ideas convocado polo Concello.
xoves, 23 mar 2006
Mañá venres día 24 de marzo, ás 18:30, no Centro Cívico de Teis, o concelleiro-delegado da Área de Asuntos Sociais, Ignacio López-Chaves, xunto coa autora Modesta Regueira Núñez, presentará o libro "Aconteceu en marzo", que edita a Concellería con motivo da Festa da Reconquista de 2006.