martes, 21 mar 2006
A exposición e o ciclo de actividades "Plantemos cara ás armas", que se viñeron desenvolvendo no Verbum-Casa das Palabras desde o pasado día 9 de marzo, concluirán hoxe martes ás 19:00, para dar paso a unha nova mostra sobre este tema.
martes, 21 mar 2006
O número 20 da publicación galega feminista Festa da Palabra Silenciada convida os seus lectores e lectoras a reflexionar sobre o papel da ciencia no camiño das mulleres cara á súa emancipación. Festa da Palabra Silenciada conta co apoio da Concellaría da Muller.
martes, 21 mar 2006
A Escola Municipal de Danza actuará no Auditorio Municipal o xoves 23, ás 20:30, co gallo do Festival dos Reencontros, unha ocasión para que os antigos alumnos da Escola se volvan reunir.
martes, 21 mar 2006
Máis un ano, <b>aqualia</b> convoca, dentro dos actos conmemorativos do Día Mundial da Auga, que se celebra o 22 de marzo, o seu Concurso de Debuxo Infantil, dirixido aos nenos e nenas que estean cursando 3º e 4º de Primaria nos colexios de Vigo. O lema deste ano é "A auga, a túa fonte de inspiración".