Escoitar

Último día para acudir á mostra "Plantemos cara ás armas" no Verbum

A exposición e o ciclo de actividades "Plantemos cara ás armas", que se viñeron desenvolvendo no Verbum-Casa das Palabras desde o pasado día 9 de marzo, concluirán hoxe martes ás 19:00, para dar paso a unha nova mostra sobre este tema.

martes, 21 mar 2006
Tras os actos de clausura, inaugurarase unha exposición relacionada coa que se clausurará porque nela un grupo de deseñadores novos dará a súa visión sobre a necesidade de controlar as armas. Deste xeito, os artistas queren dar a entender que a necesidade de control das armas non debe rematar nunca e que é un compromiso de todos. Esta nova exposición permanecerá aberta ata o domingo 2 de abril.

A campaña "Plantemos cara ás armas" iniciouse o xoves 9 e incluiu conferencias, cineforum e contacontos, entre outras actividades.