Escoitar

A ciencia alíase co feminismo no número 20 de Festa da Palabra Silenciada

O número 20 da publicación galega feminista Festa da Palabra Silenciada convida os seus lectores e lectoras a reflexionar sobre o papel da ciencia no camiño das mulleres cara á súa emancipación. Festa da Palabra Silenciada conta co apoio da Concellaría da Muller.

martes, 21 mar 2006
1142948137festaPalabra.jpg
Portada da revista
No seu editorial, Festa da Palabra Silenciada afirma que "a ciencia nunca enxendra paixóns desmedidas; son as paixóns as que utilizan a cienca malamente". Con isto lembra como as mulleres foron excluídas tradicionalmente do ámbito da ciencia, ao seren consideradas intuitivas e non reflexivas, e polo tanto incapaces de pensar de maneira lóxica, obxectiva e racional.

A pesar desta exclusión, Festa da Palabra Silenciada cre que as mulleres se viron "especialmente favorecidas polos avances científicos, médicos, técnicos…, tanto na saúde, na prolongación da vida, como no benestar social". Ademais, estes avances facilitaron, segundo o editorial da publicación feminista, cambios de mentalidade que contribuíron a mellorar a situación das mulleres, aumentando a conciencia dos seus dereitos e creando novas aspiracións.
Descargar todas as imaxes

Máis información