Muller pon en marcha un proxecto que permita establacer relacións máis libres e igualitarias
A concelleira da Muller, Lucía Molares, presentou está mañá o proxecto "Relacións respectuosas sen xénero de dúbidas" destinado aos mozos e mozas da cidade de entre 12 a 29 anos e ten como un dos seus obxectivos xerais sensibilizar e informar sobre a violencia de xénero e sobre a necesidade de establecer relacións máis libres e igualitarias.
O proxecto , enmarcado no II Plan de Acción Municipal para combater a Violencia contra as Mulleres 2004-2007, pretendese estender a labor educativa e informativa máis aló do ámbito escolar polo que se buscará a implicación de distintas asociacións xuvenís da cidade, Casa das Mulleres, Casa da Xuventude.
O programa de traballo está estructurado en dous bloques . O primeiro é unha análise da realidade que permita avaliar o tipo de información e coñecementos sobre que é ser muller e ser home, violencia entre iguais como reacción e valentía, crenzas sexistas e xustificación da violencia. O segundo bloque será traballar coas normas, valores e actitudes xa que non son absolutas e inmodificables.
As actividades que se porán en marcha para realizar o proxecto son unha campaña de difusión; sondaxe de coñecemento mediante un cuestionario a 200 persoas que representen ao colectivo mozo da cidade; obradoiro de habilidades e relacións sociais, dende o enfoque de xénero, destinada a aprendizaxe de relacións respectuosas entre os sexos con grupos de xoves de entre 10 a 15 persoas ; elaboración dun informe final que recolla a información e as conclusións de todo o traballo.
Descargar todas as imaxes