Corina Porro rexeita a proposta de Consorcio Metropolitano da Xunta de Galicia
A alcaldesa, Corina Porro, e o concelleiro e deputado autonómico Ignacio López-Chaves manifestaron hoxe venres o seu rexeitamento ao consorcio supramunicipal proposto pola Xunta e demandaron que o Parlamento de Galicia inicie o debate sobre o proxecto de Área Metropolitana.
Corina Porro defendeu a súa postura baseándose nun informe do secretario do Pleno da Mancomunidade, que afirma que cada un dos entes delegantes do Consorcio Metropolitano proposto pola Xunta "ostentará faculdades de control e dirección respecto ás súas competencias". Isto, ao ver do secretario, significa que "a idea dunha xestión estratéxica, planificada e unitaria será de imposible realización".
A alcaldesa censurou a proposta da Administración autonómica por incluír unha Comisión Executiva na que a totalidade dos acordos deben ser adoptados por unha maioría de dous terzos dos seus membros. Corina Porro lamentou que Vigo perda protagonismo ao contar con 12 dos 26 asentos e ao ser necesario, ademais, que nestes acordos estean representados os dous terzos dos Concellos, isto é, dez cando menos. Segundo Ignacio López-Chaves, este "dobre quórum cualificado" significa que "se cinco concellos cun voto cada un votan en contra xa non hai acordo".
Fronte á proposta da Xunta, Corina Porro demandou que se inicie canto antes no Parlamento de Galicia o debate sobre o proxecto de Área Metropolitana, que contempla, segundo a alcaldesa, un "órgano áxil de xestión" dotado de máis competencias. Finalmente, Corina Porro avogou polo consenso de todos os grupos para levar adiante este proxecto e mostrouse disposta a aceptar todas as modificacións que o enriquezan.
Descargar todas as imaxes