Proxecto de expropiación forzosa por taxación conxunta das fincas non incorporadas á Xunta de Compensación do "PERI IV-09 Baixada de San Roque"
A Xunta de Goberno Local de Vigo, na sesión ordinaria do 27 de febreiro de 2006, adoptou o seguinte acordo:
"PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o proxecto expropiatorio por taxación conxunta das fincas non incorporadas á Xunta de Compensación do "PERI IV-09 Baixada de San Roque" (relacionadas na parte expositiva deste Acordo), con Memoria e Planos redactados polo arquitecto D. Jose Mª. Catalán Pérez de Lis e o avogado D. Enrique Elosua Viteri (expte. 192/413).
SEGUNDO: Proceder á apertura dun trámite de información pública polo prazo de un mes, mediante publicación de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da Provincia, con notificación individualizada das follas separadas de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración a tódolos que aparecen como titulares de bens ou dereitos."
O prazo de información pública entenderáse aberto dende o día seguinte á publicación do primeiro anuncio, ata transcorrido UN MES dende o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio, para que presenten documentación ou alegación que estimen pertinente. O expediente atópase a disposición do público en xeral na oficina de Información Urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).
O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artg. 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.