O Eixo Atlántico concede os premios da VII Bienal de Pintura<br />
O gravador Xabier de Sousa é o gañador da VII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico, na que se presentaron 102 obras creadas por artistas naturais ou residentes en Galicia e Norte de Portugal.
O xurado, presidido polo pintor galego de orixe portuguesa Xavier Magalhães, e integrado por Benedita Kendall, pintora portuguesa, gañadora da pasada edición, Carlos del Pulgar e Paulo Santos, e Francisco Gil, que actuou como secretario, reuniuse onte nas instalacións da empresa Seur, onde estaba depositado o total da obra concursante. O xurado decidíu outorgar os seguintes premios:
Primeiro Premio Eixo Atlántico, dotado con 3.000 euros, á mellor obra do certame, a titulada "Visións", do gravador galego Xabier de Sousa.
Segundo Premio de autor galego, dotado con 1.500 euros, á obra titulada "A vella mina dos alemáns", da que é autor Xosé Luis Otero Becerra.
Segundo Premio de autor portugués, dotado con 1.500 euros, á obra identificada co lema "Norte/Sul", da que é autor Francisco da Rocha Neto.
Asimesmo, o xurado acordou conceder duas mencións honoríficas, ás obras identificadas correspondentes aos títulos: "Mosca", do autor galego Pablo Giráldez Río, e "Partículas da vida" do autor portugués Nuno Miguel Estevinho Duque.
Os premios aos novos talentos galego e portugués foron declarados desertos, dada a escasa participación. O xurado propuxo á organización que na vindeira edición se divida esta modalidade en dous grupos de idades: premio para novos talentos, de 11 a 13 anos, e premio xuvenil de 14 a 18 anos.
Das obras a concurso, o xurado, ademais das premiadas, escolleu un total de 36 cuadros, que formarán a exposición itinerante que recorrerá as 18 cidades que integran a eurorrexión do Eixo Atlántico. A exposición empezará o seu percorrido nos últimos días do vindeiro mes de abril, na cidade portuguesa de Vila Nova de Gaia, onde se fará entrega dos premios, nun acto ao que asistiran todos los artistas seleccionados. A mostra estará en circulación polas 18 cidades ata o autono de 2007.
Obras seleccionadas:
"Sen título", de Juan Carlos Platis Cores
"Paisaxe embrionaria IV" de María del Carmen González Boán
"Reorganización de organismos bálbicos", de Montse Frieiro Dantas.
"Sen título", Leonardo Rial Otero
"Para tu yo objeto" (díptico) , de Susana Teixeira
"Composición" de Moïse Dikoff
"Sen título", de Marta Armada Rodríguez
"Sen título", de Pedro Antonio da Silva Rodrigues
"Bruno", de Ramona Rodríguez López
"Últimas liturgias", de Jaime Fuentes Arias
"Atritos", de Ricardo Antonio Domingues de Campos
"This is the plan", de Antía Sánchez Alonso.
"Espadas de fogo", de Helena Santos.
"Pirataria", de Ovidio Carneiro.
"Não lugares" (díptico), de Ana Isabel Pais de Oliveira.
"Síntoma febril", de Gonzalo Eiriz Fernández.
"Amanhá penso nisso" de Filipe José Da Silva Rodrigues.
"Mariposas volaban bajas en el mes de agosto", de Antón Iglesias Fernández.
"Sen título" (díptico), de Modesto Pinheiro Vaquero.
"Canto Grande" de Mingos Teixeira.
"Inversamente desigual" (díptico), Raquel Filipa Riveiro Oliveira.
"Entre lusco e fusco", de Gumersindo Vázquez Fraga.
"Entre piñeiros" de José Luis Otero Becerra
"Polaroid of a false portrait", de Sandra Palhares.
"Uni-Versos", de Evelina Patricia Pires Oliveira"
"Dadevel" de María Sarmiento Rivas.
"Ensueño 2", de Antonia Pascual Gascón.
"Sillas de la cocina", de Isabel Rey Sastre.