Escoitar

Varias rúas do Centro verán suprimidas as súas barreiras arquitectónicas en 2006

O Concello vai levar a cabo ao longo deste ano, coa axuda de fondos FEDER, da Fundación ONCE e do IMSERSO, diversas actuacións en varias rúas da cidade para eliminar as barreiras arquitectónicas e deste xeito adaptar os espazos urbanos á Lei de Accesibilidade e Supresión de Barreiras.

martes, 21 mar 2006
1142848012acces160306.jpg
Reunión do Consello Local de Accesibilidade
En concreto, realizaranse traballos de mellora en Velázquez Moreno, ronda de Don Bosco, Joaquín Lóriga, Ecuador, Vázquez Varela, Urzáiz, Baixada a Estación, Alfonso XIII, García Barbón, Isaac Peral, Areal e na praza de Compostela. As obras consistirán na adaptación das beirarrúas e dos pasos de peóns, de acordo coa Lei de Accesibilidade e Supresión de Barreiras.

Estas obras realizaranse no marco dun proxecto de accesibilidade para 2006 que será cofinanciado polo Concello de Vigo, o IMSERSO, FEDER e a Fundación ONCE. A Xunta de Goberno Local autorizou , na reunión do luns, un gasto de 150.000 euros para a contratación dos traballos, que se calcula estean rematados a finais deste verán ou principios do outono.

As melloras nas rúas para este ano, xunto coas actuacións que se desenvolverán durante 2007, foron obxecto da reunión do Consello Local de Accesibilidade que tivo lugar no Concello o pasado xoves 16 de marzo, e ao que asistiu a concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias.

Arte solidaria

Tamén estivo na reunión o artista Diego Santomé, quen explicou aos representantes dos colectivos presentes en qué vai consistir o proxecto artístico que vai desenvolver a partir de xuño no MARCO, a fin de entrar en contacto con persoas que queiran colaborar con el nesta iniciativa.

Básicamente, a idea consiste na realización de accións sociais, sen limitarse á simple creación dunha obra artística. Os cartos que estarían destinados á produción da obra da exposición redundarán nun beneficio social concreto, a través de diversas accións como melloras no acceso a vivendas e melloras de instalacións eléctricas.
Descargar todas as imaxes