Xunta de Goberno Local

venres, 14 out 2005

A Xunta de Goberno Local estudiará na reunión do luns, día 17, entre outros asuntos o proxecto de convenio de colaboración entre a Concellería da Muller e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" para apoio ó equipo de fútbol feminino "El Olivo-Faro de Vigo".

O Concello promociona o deporte vigués con axudas por valor de 680.000 euros

luns, 10 out 2005

O Concello subvencionará con cerca de 680.000 euros as actividades de cento corenta e unha entidades deportivas viguesas durante a temporada 2004-2005, segundo acordou a Xunta de Goberno Local na súa reunión de hoxe luns. Outra das súas decisións foi a de anular as axudas municipais para libros en 1º, 2º e 5º de primaria, debido ao programa de gratuidade da Consellería de Educación.