luns, 19 set 2005
A Xunta de Goberno Local aprobou técnicamente hoxe luns o proxecto de instalación dunha nova rede de abastecemento de auga nas rúas San Pelayo de Navia e Fontáns, así como o de execución das obras da fase 1 de arranxo e substitución de carpinterías exteriores do edificio da Casa das Artes.
martes, 13 set 2005
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación de obras como a remodelación de beirarrúas na Travesía de Vigo, as melloras en González Sierra e as reparacións na iluminación pública. Tamén recibiu o seu visto bo un convenio de colaboración co Círculo Cultural, Mercantil e Industrial de Vigo.
martes, 13 set 2005
As asociacións de comerciantes da Zona Centro, Calvario e Vigo Vello contribuirán con fondos propios á renovación estética das rúas comerciais das súas respectivas áreas, segundo os proxectos de convenio aprobados onte luns pola Xunta de Goberno Local.
luns, 5 set 2005
A Xunta de Goberno Local aceptou hoxe luns a solicitude de revisión de prezos feita pola empresa UTE Vigo Recicla, concesionaria do servizo de contenerización, recollida e transporte a recicladores autorizados dos residuos sólidos urbanos reciclables.
luns, 5 set 2005
Vigo e de Redondela colaborarán na posta en marcha dun roteiro nos terreos do canal de Eiras. A realización desta proposta do Concello de Redondela foi apoiada hoxe luns pola Xunta de Goberno Local viguesa.
luns, 29 ago 2005
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns un convenio de colaboración entre o Concello e a Autoridade Portuaria en materia de loita contra os incendios. En virtude deste acordo, a Autoridade Portuaria comprométese a pór a disposición do Concello unhas instalacións para un parque auxiliar de bombeiros de 750 metros cadrados.
venres, 26 ago 2005
Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 29 de agosto de 2005, ás 8,30 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.