A Xunta de Goberno Local aproba a revisión dos prezos dos bono-buses de Vitrasa
A Xunta de Goberno Local deu luz verde hoxe venres á revisión dos prezos dos bono-buses do transporte urbano de viaxeiros para 2006. A tarifa do bono-bus normal será de 70 céntimos, a do bono-bus de estudante, de 67 céntimos, e o universitario situarase en 48 céntimos. Os pensionistas dos grupos I e II terán bono-bus gratuíto.
Ademais, poderán viaxar gratis en Vitrasa as persoas de mobilidade reducida que precisen cadeira de rodas para se desprazaren, así como os seus acompañantes. A revisión, que dá cumprimento a un acordo plenario do 23 de decembro, foi aprobada despois da reunión mantida o pasado luns polos representantes dos grupos políticos. O incremento das tarifas dos bono-buses correspóndese á suba do IPC xeral, aproximadamente un 3,1%.
Por outra parte, a Xunta de Goberno decidiu modificar o proxecto de musealización da vila romana de Toralla, polo que se desenvolverá a súa primeira fase, consistente no acondicionamento do xacemento, incluíndo a plataforma e as pasarelas perimetrais. Deste xeito queda excluída a segunda fase, que consistía na construción dun edificio destinada a centro de interpretación e cafetería.
Ademais, na área de Deportes, adxudicóuselle á empresa Oreco a construción dun modúlo de vestiarios no campo de Candeán, por un importe de 59.700 euros, e tamén resultou adxudicada, á empresa Mondo Ibérica, a substitución do pavimento da pista deportiva do Pavillón de Coia, por 54.950 euros.
Por último, a Xunta de Goberno autorizou unha disposición de crédito de 820 euros para a contratación da asistencia técnica para a organización e xestión da Aula Municipal de Etnografía.