Concello e Secretariado Xitano traballan xuntos na incorporacion desta minoría no mercado laboral
A concellería de Promoción Económica e Desenvolvemento Local asinará un convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Xitano por un importe de 32.472 euros no marco do Programa de Loita contra a discriminación do Fondo Social Europeo e segundo acordo na reunión do luns a Xunta de Goberno Local.
O convenio ten como finalidade a mellora da capacidade de integración e incorporación da comunidade xitana no mercado de traballo . A colaboración prevista versará especialmente sobre as materias de formación profesional ocupacional, orientación laboral, acompañamento no acceso ao emprego, accións de sensibilización dirixida a empresarios e entes públicos.
Outro acordo que aprobou hoxe a Xunta de Goberno refírese á realización de actividades de dinamización infantil e xuvenil por parte do Centro Recreativo , Artístico e Cultural de Coruxo en colaboración coa Concellería de Xuventude.
Estas actividades desenvolveranse na concreción dun ludoteca que cubra as necesidades de ocio e tempo libre de lecer para os mais cativos cun marcado carácter formativo en valores positivos para o seu desenvolvemento integral e a súa socialización.