Escoitar
Anuncio de Mobilidade e Seguridade

Tarxetas residentes do Barrio Histórico

Lémbrase a todas as persoas residentes do Barrio Histórico que teñen que recoller a tarxeta que expide o Concello para poder circular libremente e estacionar dentro da área autorizada e delimitada do devandito barrio, correspondente ao ano 2006.

venres, 12 mai 2006
As tarxetas poden recollerse na oficina da Policía Local, sita na planta baixa da Casa do Concello, de luns a venres, en horario de 08,00 a 13,30 horas, ata o vindeiro día 19 de maio de 2006.

Rematado o prazo, senón son recollidas, entenderase que se renuncia a elas, perdendo á súa validez as do ano 2005.