Entrega de diplomas do programa Bial
O persoal contratado do Programa Bial (Brigadas de Inserción e Actuación Local) recibiron hoxe os diplomas acreditativos de formación por parte dos responsables técnicos municipais da Concellería de Promoción Económica e Desenvolvemento Local.
O BIAL (Brigadas de inserción e actuación local) é un programa do Concello de Vigo no marco do Plan municipal de emprego 2004-2007 que, con financiamento exclusivamente municipal, pretende facilitarlles ás persoas desempregadas, con dificultades de inserción e problemas de renda, os medios adecuados para mellorar a súa capacitación profesional e persoal mediante a realización de actuacións de mellora da cidade.
O 1 de marzo de 2006 foi contratada a segunda quenda de persoas beneficiarias deste programa (67 peóns e 11 oficiais) e, dende esta data ata o remate do mes de abril, recibiron formación básica en diferentes ámbitos, impartida polo propio equipo técnico do BIAL e por FREMAP (no referido a prevención de riscos) como acción de capacitación profesional inicial para as distintas actuacións que vai desenvolver o programa.
Os módulos impartidos, cun total de 300 horas, foron eminentemente prácticos, e consistiron en construción, medio ambiente, fontanaría, electricidade, D.D.D (Desinfección, Desratización e Desinsectación) , habilidades sociais, igualdade de oportunidades e prevención de riscos laborais.
Descargar todas as imaxes