Escoitar

Novos vehículos para bomberios e policía local

A alcaldesa, Corina Porro, e o concelleiro de Tráfico, Antonio Coello, presentaron hoxe luns, na explanada situada fronte ás dependencias da Policía Local, seis motocicletas deste corpo de seguridade e dous novos vehículos de bombeiros.

luns, 15 mai 2006
1147700240bombeiros4.jpg
Os novos vehículos de bombeiros, dúas bombas urbanas lixeiras (BUL), están xa operativos como parte da flota do Concello. Teñen unha capacidade de 2.000 litros de auga cada unha, destinados principalmente a intervencións no casco urbano de Vigo.

As dúas BUL contan cunha potencia de 280 CV, chasis marca Man, cambio automático, freos de disco, premesturador de escuma incorporado en bomba e unha capacidade en cabina para sete bombeiros. A bomba combinada de que dispoñen ten unha capacidade de traballo de ata 20 bar en baixa e 40 en alta.

Ademais, estas unidades están dotadas co material necesario para calquera tipo de intervención de emerxencia: equipos de excarceración, mangueiras, lanzas para auga e escuma, extintores, coxíns pneumáticos de alta presión, equipos autónomos de respiración e materiais de primeiros auxilios, rescate en altura e para intervencións con tensión eléctrica. Así mesmo, están dotadas de grupo electróxeno, mástil de iluminación, padiola, tractel, ferramentas diversas, motoserra, escadas extensibles e de ganchos e cámara térmica.

Por outra banda, a policía local renovou o seu parque de motocicletas con 6 novas adqusicións valoradas nun total de 70.525 euros. As motocicletas, da marca Honda modelo Deauville de 700 cc, están equipadas con ópticas lanzabrillos estroboscópicas de baixo consumo que permiten o seu balizamento durante horas, mástil traseiro telescópico con fonte de alimentación e sistema de iluminación mediante leds, baúl traseiro porta-obxectos, extintor de incendios, lanterna e sirena de dous tons.

A policía local non só conta agora con motocicletas tecnoloxicamente avanzadas debido ao seu sistema de alimentación por inxección electrónica que mellora a súa potencia e funcionamento, senón que, ao rediseñar a súa estructura exterior con carenados máis compactos e aerodinámicos, a súa ergonomía e capacidade de carga tamén mellorou notablemente.
1147700240bombeiros4.jpg
1147700303motospoli.jpg
1147700344motospoli.jpg
Descargar todas as imaxes