O alcalde di que as escaleiras mecánicas de Abeleira Menéndez son "a primeira actuación da historia no Vigo vertical"

martes, 22 abr 2014

O alcalde deu conta do comezo hoxe dos traballos de vallado para a posta en marcha das escaleiras mecánicas de Abeleira Menéndez, unha vez realizadas as catas correspondentes para garantir a seguridade arqueolóxica. Caballero avanzou que o resultado destes traballos terá "gran afecto na mobilidade na cidade" xa que son a "primeira actuación da historia no Vigo vertical".

O goberno local inicia as humanizacións de Moaña, Coutadas e Areal

luns, 21 abr 2014

O Concello comeza hoxe luns as reformas das rúas Moaña, Coutadas e Areal -no treito entre o número 106 e Miragaia-. Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, no transcurso dunha rolda de prensa na que explicou que o inicio dos asfaltados, previstos tamén para esta semana, dependerán das condicións metereolóxicas.

A humanización de Menéndez Pelayo "crea unha rúa nova na cidade" cun importe de máis de 2 millóns

xoves, 3 abr 2014

Cun investimento superior a máis de 2 millóns de euros, as obras de humanización convertiron Menéndez Pelayo "nunha zona de Vigo distinta", con 80 metros lineais máis de rúa. Durante unha visita, Caballero cualificou o resultado destes traballos "como unha das grandes transformacións na cidade" xa que antes presentaba unha sección de carril único, estreito, sen beirarrúas cun trazado en pranta e rasante sinuoso.

O Concello inicia a próxima semana a segunda fase da humanización de Camelias

martes, 1 abr 2014

O goberno local empezará a próxima semana os traballos de humanización da segunda fase de Camelias -rúa Ourense-Doctor Marañón-, cando está a punto de rematar o tramo que vai desde Praza Independencia á rúa Ourense. Cun orzamento de preto de 2,5 millóns para as dúas fases, Caballero cualificou esta humanización "como unha das grandes obras da cidade".

O goberno local inclúe na humanización de Aragón un novo parque infantil e outro biosaudable

luns, 17 mar 2014

Abel Caballero visitou este luns a segunda fase da reforma da rúa Aragón, recentemente concluída, que engade unha mediana, a creación de dous parques -un infantil e outro biosaudable- e unha rotonda na confluencia con San Xoan. O alcalde anunciou que se acometerá a última etapa da humanización e recordou que, baixo o seu mandato, se investiron 30 millóns no entorno.