Escoitar

O goberno local iniciará en xaneiro a humanización de Rosalía de Castro

A tenente de alcalde, Carmela Silva, informou este martes da aprobación dos últimos trámites administrativos previos ao inicio da primeira fase da reforma do vial, entre República Argentina e Canceleiro, obra que comezará a partir do 7 de xaneiro. O Concello adica 1,3 millóns a esta mellora.

martes, 23 dec 2014
Silva deu conta esta mañá da aprobación dos plans de seguridade e saúde desta reforma, o último trámite administrativo previo ao inicio da obra, que arrancará a partir do 7 de xaneiro.

O goberno de Vigo invistirá 1,3 millóns de euros en humanizar o treito entre República Argentina e Canceleiro, 10.000 metros cadrados de actuación dos que practicamente a metade serán para novas beirarrúas de pedra. A reforma prevista renovará 2,1 quilómetros de canalizacións soterradas, incluirá novos puntos de luz, xardineiras en rotondas e medianas e sinalización luminosa no pavimento dos edificios emblemáticos.

Silva indicou que "sorprende" a situación actual da rúa, "deplorable" tanto en superficie como nas redes de servizos soterradas, pese a ser "unha das máis recientes de Vigo", construida hai pouco máis de vinte anos.

Avda Hispanidade
En comparecencia pública, a tenente de alcalde trasladou asemade o acordo da Xunta de Goberno Local de clasificación de ofertas para a contratación da finalización das obras de humanización da Avenida de Hispanidade, entre as rúas Zamora e Gran Vía. Silva recordou que a obra estaba contratada e quedou parada polo pasamento do propietario da empresa, co que houbo que rescatala. A partir do seu comezo, a humanización presenta un prazo estimado de obra de 3 meses.