O alcalde anuncia unha "acción cultural notable" para abrir en febreiro o Centro de Arte Fotográfica de Vigo
Caballero visitou este luns o futuro Centro de Arte Fotográfica de Vigo, que o goberno local prevé inaugurar en febreiro cunha actuación "moi notable", unha "acción cultural da maior importancia" coa que "queremos que toda a cidade veña", indicou. O rexedor eloxiou a "rehabilitación" do edificio e o traballo da tenente de alcalde, Carmela Silva, responsable da área de Cascos Históricos.
O alcalde valorou a próxima apertura do centro como "un logro da maior importancia" para a cidade xa que supón a reforma dun novo edificio no Casco Vello, que definiu como unha "xoia da rehabilitación".
Descargar todas as imaxes