Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 19 dec 2014


PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 19

CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 22 de decembro de 2014, a continuación do Pleno extraordinario convocado para as 9,00 horas, no salón de Plenos deste Concello.

PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores: (Acta ordinaria do 27.10.2014).


2.- Declaracións institucionais.


3.- Ditames das comisións informativas:


ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN
3.1.- Proposta de desestimación de reclamación administrativa de Dª Araceli Lago Castro, instando a rectificación inventarial do camiño Pugariño en Teis. Expte. 1734/244. (1018/1101).


4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.


5.- Mocións:

5.1.- Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a realización das melloras aprobadas, fai seis meses, na Estación de Autobuses de Vigo. Expte. 1024/1101

5.2.- Moción do grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a realización das obras e investimentos necesarios para dotar á cidade de Vigo dunha educación pública de calidade. Expte. 1025/1101

5.3.- Moción do grupo municipal Socialista instando á Deputación de Pontevedra o repintado da estrada PO-2005 (Tanatorio Vigomemorial ata a Universidade de Vigo). Expte. 1026/1101


6.- Asuntos ou mocións urxentes.


PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

1.3.- Dar conta da Resolución do concelleiro de Xestión Municipal, de data 10.12.14, referente á nº de postos de traballo do cadro de persoal municipal reservados ao persoal eventual. Expte. 1019/1101.


2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.


4.- Mocións.

4.1.-Moción do Grupo municipal do BNG instando ao goberno municipal a recuperación de forma inmediata da ornamentación vexetal da rotonda situada na Avenida de Castelao. Expte. 1020/1101

4.2.- Moción do Grupo municipal do Partido Popular instando ao goberno local a dar comezo de forma inmediata o procedemento para a elección da Xunta directiva da Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo. Expte. 1021/1101

4.3.-Moción do Grupo municipal do Partido Popular propoñendo ao Pleno nomear unha rúa da cidade co nome de Julio Verne e outros acordos complementarios. Expte. 1022/1101

4.4.-Moción do Grupo municipal do Partido Popular propoñendo ao Pleno a creación de lanzadeiras de emprego e emprendemento solidario. Expte. 1023/1101


4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.

5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos a continuación do Pleno extraordinario convocado para as 9,00 horas do día VINTE E DOUS DE DECEMBRO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.


Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.


Vigo, 18 de decembro de 2014
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,



Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.