luns, 15 dec 2014
Abel Caballero informou este luns da contratación, por 1,1 millóns, da primeira fase da remodelación do recinto, obras que consistirán no reforzo estrutural dos contrafortes exteriores e a substitución da cuberta da grada de Río, xunto ao acondicionamento xeral do estadio en materia de seguridade. O alcalde avanzou que xa está aprobada a segunda fase da reforma, que supera os 2,5 millóns de investimento.
luns, 15 dec 2014
A finais do próximo mes de xaneiro comezarán a funcionar as escaleiras mecánicas de II República, unha vez adxudicada a cuberta, por importe de 227.936 euros. Deste xeito, apuntou o rexedor, concluirase a primeira actuación municipal no chamado Vigo vertical.
luns, 15 dec 2014
O alcalde deu conta da reposición do busto do Marqués de Alcedo no Pazo Quiñones de León, unha vez reparados os danos que lle foran causados á peza escutórica. Caballero explicou que volver a colocar esta obra de arte é manter o "recoñecemento da cidade" á figura que cedeu o pazo á Vigo en 1924.
luns, 15 dec 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, rubricou este luns cos responsables da entidade un convenio de colaboración para desenvolver un programa de actuación deportiva no pavillón municipal de Coruxo, fomentando a práctica do deporte na parroquia viguesa ata o próximo 30 de xuño de 2015.
luns, 15 dec 2014
O rexedor vigués, Abel Caballero, e o responsable da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo, Enrique Lorenzo, asinaron este luns un convenio de colaboración polo que o Concello achega 65.000 euros para a celebración dunha nova edición do Festival de Habaneiras e Polifonía "Ao Son de Vigo".
luns, 15 dec 2014
O director da formación musical, Óscar Villar, e o rexedor vigués, Abel Caballero, mantiveron este luns unha reunión para pasar revisión á actividade da Coral na cidade, entrevista na que lle presentaron o 57º Concerto de Nadal, no Auditorio Mar de Vigo este sábado, 20 de decembro, ás 20:30 horas.