martes, 16 decembro 2014

Inauguración exposición "Memoria e identidade no laboratorio da moda" na Casa Galega da Cultura

martes, 16 dec 2014

O mércores 17 de decembro, ás 20:00 h, inaugúrase na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) a exposición "Memoria e identidade no laboratorio da moda", organizada pola Universidade de Vigo, coa colaboración da Concellería de Cultura, Festas e Museos.Os creadores procuran dar resposta aos problemas e as sensibilidades do momento, ou polo menos facerse as preguntas, cuestionar e cuestionarse. Hoxe moitas das preguntas que se fai o deseño teñen que ver coa súa propia natureza, a súa linguaxe, e coa sustentabilidade e mesmo coa ética do seu sistema produtivo.