O goberno local convenia unha nova edición do Festival de Habaneiras Ao Son de Vigo
O rexedor vigués, Abel Caballero, e o responsable da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo, Enrique Lorenzo, asinaron este luns un convenio de colaboración polo que o Concello achega 65.000 euros para a celebración dunha nova edición do Festival de Habaneiras e Polifonía "Ao Son de Vigo".