Escoitar

As escaleiras de II República estarán cubertas e en funcionamento a finais do mes de xaneiro

A finais do próximo mes de xaneiro comezarán a funcionar as escaleiras mecánicas de II República, unha vez adxudicada a cuberta, por importe de 227.936 euros. Deste xeito, apuntou o rexedor, concluirase a primeira actuación municipal no chamado Vigo vertical.

luns, 15 dec 2014
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á adxudicación das obras de cubrición das escaleiras mecánicas da rúa II República por importe de 227.936 euros. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, o pasado venres, en sesión extraordinara, o goberno local deu un paso máis na primeira iniciativa no chamado Vigo vertical, cunha infraestrutura que salva un desnivel de 9,86 metros e que estará funcionando a finais do mes de xaneiro

A Xunta de Goberno local tamén aprobou o control de calidade e o programa de traballo das humanizacións das seguintes rúas: Alonso Ojeda; rúa Toledo e o seu contorno; Coutadas-Teis; Praza Martínez Garrido -entre o camiño dos Medeiros e o camiño Sobreiro; e, por último, Doutor Canoa. Estes traballos arrancarán de xeito inmediato e teñen un prazo de execución de 4 meses.

Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, tamén comezarán as obras de mellora da rede separativa de pluviais e renovación dos pavimentos peonís e de rodadura en diversos accesos, rúas e camiños de Vigo, por valor de un millón de euros. Concretamente, detallou, acometeránse traballos nas seguintes zonas: rúa Atlántida -Alcabre; rúa Estrada á Balsa-Matamá; rúa Bravo-Navia; Camiño Oia e Rozo -Coruxo; rúa Eira Vella-Saiáns; Subida á Rola -San Roque; Estrada Marco -Sárdoma; Camiño Pinguela -Valladares: acceso ao Pavillón de Coruxo e Camiño Gándara; San Cosme.Zamáns; Santa Mariña-Cabral; Camiño Fondo-Castrelos; subida á Madroa e rúa Manuel Costas-Bastos-Candeán; subida á Mouteira en Bembrive e rúa Seixo en Beade; rúa Roteas de Abaixo, Gandarón, Camiño Fermín e Bagunda-Lavadores, fase II da rúa Pedreira. Esta tanda de obras no rural estará rematada nun prazo aproximado de dous meses.

Outro dos asuntos que recibiron luz verde o pasado venres foi a adxudicación do procedemento aberto para a contratación do suministro de bancos.