Escoitar

O rexedor ensalza a "vertebración da cidade" que realizan os representantes de comercio

Caballero asistiu este xoves aos actos do 60 aniversario da Asociación Sindical de Representantes de Comercio, onde eloxiou a "labor de vertebración da cidade" que realizan co seu traballo e subliñou a "cooperación" existente co goberno local.

xoves, 18 dec 2014
1418911344comercio.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou na maña deste xoves nos actos organizados pola festividade da patroa e polo 60 aniversario da Asociación Sindical de Representantes de Comercio. O primeiro edil recordou que o goberno local posibilitou a estes profesionais empregar os espazos de aparcamento reservados para carga e descarga, a petición do colectivo, froito da "cooperación" existente entre a Asociación e o Concello de Vigo.

Durante a cerimonia entregáronse diplomas e foron impostas tres insignias de prata (a Basilio Míguez Silva, José Manuel Fernández Payan e José Carlos Quiroga Pérez) e unha de ouro (José Manuel Lorenzo Morales, presidente) en recoñecemento á labor profesional dos catro represenantes.

En recordo aos compañeiros falecidos, a organización celebrou tamén unha ofrenda floral no monumento aos viaxantes e representantes de comercio, ubicado en García Barbón, fronte ao Hotel NH Palacio de Vigo onde se celebrou o evento.
Descargar todas as imaxes