A Fundación Provigo licita o estudo do posicionamento estratéxico da cidade
O alcalde deu conta esta mañá da licitación do contrato para a realización dun estudo do posicionamento estratéxico da cidade. Así o decidiron os membros do Padroado da Fundación Provigo nunha reunión na que se constatou a boa saúde das contas da entidade.
Caballero reiterou hoxe a impotancia de contar cun estudo de posicionamento estratéxico da cidade que permita identificar as claves de desenvolvemento nun momento como o actual, no que se albisca a saída da crise. Caballero, quen precisou que esta mellora económica aínda non chega aos cidadáns, avanzou que en Vigo "estamos iniciando o horizonte da recuperación".
Segundo explocou o alcalde en rolda de prensa, esa foi unha das reflexións que realizaron os membros do Padroado da Fundación Provigo que hoxe se reuniron para, entre outros asuntos, constatar a boa situación económica da entidade. Neste punto, Caballero criticou as administracións que abandoaron o padroado, aludindo á Deputación, o Porto ou á Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes