Escoitar

O Concello incrementou o seu gasto en políticas sociais nun 105 % desde o ano 2008

O goberno local incremento as partidas de benestar social nun 22,5% no ano 2014, unha porcentaxe que chega a un incremento do 105,4 se o comparamos co orzamento de 2008. Ademais de manter programas como a teleasistencia, as axudas de emerxencia social, as bolsas de comedor e as axudas a OGNs, o Concello dotou este ano de 2 millóns a un programa para vivenda, alimentación e pobreza enerxética.

xoves, 18 dec 2014
Caballero detallou esta mañá de xoves as partidas sociais do documento orzamentario de 2014, cun incremento dun 22,5% respecto do ano anterior. Comezou referíndose a un aumento de 200.000 euros, para bolsas de comedor que permitiron falar dun orzamento de 1,8 millóns. Para facer fronte á situación de crise, dotouse de 2 millóns de euros un programa para achegas de alimentación, vivenda e carencia enxerxética. Tamén se incrementaron as axudas de emerxencia en dúas ocasións no que vai de ano polo que o importe total destiñado a estas achegas é de 600.000 euros.

Durante o 2014, mantivéronse os 25.000 euros de bonotaxis para discapacitados, ademais de seguir desenvolvendo, con 100.000 euros, o servizo de teleasistencia que abandonou a Deputación, ou o albergue, que recibe anulamente 700.000 euros. Tal e como explicou o rexedor, a variación do gasto en políticas de benestar social pasa de 5,6 no ano 2008 a case 12 millóns en 2014. Nos últimos tres anos, só en achegas de comedores sociais, bolsas de comedor ou convenios con organizacións sociais, pasamos de 1,5 a 4,1 millóns, o que representa unha suba dun 167%.

As políticas de gasto en educación experimentaron un crecemento do 14%, cunha nova achega dun millón de euros do programa de inmersión lingüística. A partida de políticas de igualdade tamén subiu nun 25% desde o ano 2007. Respecto do emprego, a dotación é de 5,5 millóns para a posta en marcha de programas que nunca se fixeran ata a chegada deste goberno local.

Impostos
Outra das políticas sociais aplicadas desde o Concello chegou pola vía da rebaixa de impostos, conxelando a totalidade dos mesmos, incluídas taxas e prezos públicos, e rebaixando un 1,4% vehículos, lixo e IBI. En relación con transporte colectivo, Caballero precisou que é o segundo ano consecutivo que se conxela a tarefa, o que supón 2 millóns de euros para as arcas municipais. O mesmo sucede co recibo de auga, tamén conxelado por cuarto ano consecutivo.

No tocante aos residuos sólidos urbanos, rexistróuse unha suba unilateral dun 34% por parte de Sogama. O Concello de Vigo non repercutiu esta suba aos veciños senón que, polo contrario, incorporou novos beneficios fiscais ao tempo que mantivo o prezo de 2013.