Escoitar

Abel Caballero considera que os Premios VIDE 2014 distinguiron aos "piares do fútbol vigués"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vigo en Deporte, Manel Fernández, entregaron hoxe os premios VIDE 2014, que dende 2003 valoran o traballo do fútbol local a tempada vencida.

mércores, 17 dec 2014
1418821916IMG_0058.JPG
Sete distincións recoñeceron o labor do fútbol vigués, e tamén a súa proxección a nivel nacional, nos premios VIDE máis envorcados da historia co balompé modesto.

O alcalde, que recibiu no seu despacho aos premiados, representantes dos seus clubs e ao xerente de Faro de Vigo, Pedro Costa, como patrocinador privado da Fundación VIDE, saudou aos asistentes, presentados polo edil de Deportes, e departiu con eles nun ambiente cordial e distendido. Estes premios "pretenden ser un recoñecemento ao fútbol de base, que tantos xogadores e equipos move", sostivo.

Caballero, nunha intervención breve e distendida, considerou que os asistentes son "un piar fundamental do fútbol vigués", referiuse a este deporte como "un fenómeno indescriptible e un gran factor de encontro", e amosouse taxativo na idea de que "o malo, que é pouco, témolo que condenar e botar" do fútbol. Para o xefe do goberno local, o fútbol é "unha gran movilización activa de sentimentos e sensacións", e entre bromas, ofreceuse ao técnico do San Esteban, Jorge González, para actuar de preparador axudante. "Tamén llo propuxen a Berizzo", sostivo entre as risas dos presentes.

O rexedor anunciou que no vindeiro mandato municipal a súa idea sobre o deporte é tan clara que "imos a dar un xiro ás axudas", á vez que indicou que haberá "máis campos de fútbol".

Tras unha primeira foto de familia cos asistentes, o alcalde entregou os premios da tempada pasada. As principais novidades son a incorporación do fútbol feminino (Sara González, do Olivo, é a primeira muller premiada) e o recoñecemento ao colectivo de adestradores.

Sara González (mellor futbolista feminina, El Olivo), o xuvenil Diego Lamas, debutante en 2ª B (mellor progresión, Coruxo FC), o Club Deportivo Teis no seu 50 aniversario (mellor club), Adrián Díaz (mellor árbitro), Enrique Fernández (mellor directivo, Club Deportivo Nieto), Jorge González, técnico do San Esteban de Beade (mellor adestrador) e Carlos Movilla (premio á difusión xornalística) foron os sete premiados. O presidente do Nieto, Agustín Rodríguez, recolleu o trofeo do seu directivo Fernández Pérez.
Descargar todas as imaxes