Escoitar

O Concello insta á Xunta a reformar a actual e construir a nova estación de autobuses de Urzáiz

A moción, presentada polo grupo de goberno e apoiada pola oposición, reclama do goberno autonómico que realice na actual estación melloras ns escaleiras mecánicas, nos sistemas de información e nos accesos dos usuarios, entre outras, ao tempo que esixe da Xunta que constrúa a nova terminal de autobuses no espazo anexo á estación de tren de Urzáiz reservada ao efecto.

luns, 22 dec 2014
O texto -presentado polo grupo socialista- saiu adiante no Pleno deste luns co apoio unánime dos concelleiros municipais. O acordo pide á Xunta de Galicia que execute reformas na actual estación de autobuses , particularmente nas escaleiras mecánicas (que continuan avariadas logo de tres anos), e que mellore a vixilancia e seguridade, os sistemas de información aos usuarios (megafonía e paneis), as condicións de salubridade e hixiene (limpeza e papeleiras) e os servizos complementarios (como as cafeterías).

Nun segundo punto, tras a enmenda nacionalista, a Corporación de Vigo insta ao goberno da Xunta de Galicia a que constrúa "de maneira urxente" a estación de autobuses no espazo anexo á terminal ferroviaria de Urzáiz, reservado ao efecto para facela intermodal. Se demanda da adminstración autonómica a súa construción, con conexións coa autopista, co porto, co aeroporto e co campus universitario, con parada de autobuses interurbanos e intecambiador de urbanos.

Máis acordos
O grupo de goberno presentou e conseguir aproboar dúas mocións máis no Pleno desta mañá. Por unha banda, ratificada tras o apoio do BNG e a abstención do PP, demanda da Xunta de Galicia acometer as obras e investimentos necesarios para dotar a Vigo de medios que impidan o deterioro da educación pública. En segundo lugar, e por unanimidade, o Pleno insta á Deputación de Pontevedra a repitar "de xeito urxente" a PO-2005, denominada Estradas das Plantas e de titularidade provincial, para evitar accidentes "debido ao seu mal estado". O vial discorre por Vigo desde a rotonda do tanatorio Vigomemorial en Puxeiros ata a Universidade.