Escoitar

O Concello adxudica a rehabilitación da Casa do Patín e estima concluila en xuño

A Xunta de Goberno Local aprobou este martes a clasificación de ofertas -a antiga adxudicación provisional- para a rehabilitación da Casa do Patín, en Bouzas, obra que presenta un prazo de execución de 6 meses. Carmela Silva avanzou que a rehabilitación rematará "en torno ao mes de xuño" e será adicado a centro de estudos, con despachos para a veciñanza e unha sala multiusos.

martes, 23 dec 2014
1419338817carmela.JPG
Silva adiantou que a rehabilitación da Casa do Patín comezará a finais de xaneiro ou inicios de febreiro, co que estima a conclusión da reforma "en torno ao mes de xuño" de 2015. O goberno local disporá alí dun centro de estudos, unha sala multiusos e despachos que poderán ser empregados pola veciñanza de Bouzas.

A tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo recordou que o importe de licitación desta mellora ascende a 494.667 euros, unha rehabilitación "moi importante" ao ser "unha das edificacións máis emblemáticas de Bouzas".
Descargar todas as imaxes