O Concello reclama á Autoridade Portuaria permiso para realizar canalizacións na rúa Areal

martes, 28 xan 2014

O concelleiro de Fomento, David Regades, alertou este martes da paralización das obras da rúa Areal, pendentes dunha autorización do Porto para realizar duas canalizacións en terreo portuario. Tal e como indicou en rolda de prensa, unha delas é para albergar a rede semafórica do paso de peóns cara ao parque infantil e a segunda, para albergar o abastecemento que posibilite o regadío dos xardíns.

O goberno local arranca o proceso inversor de 10 millóns de euros para 2014

luns, 20 xan 2014

O alcalde avanzou un plan de investimentos para os próximos meses cun importe total de 10 millóns de euros que, na súa opinión, serán "gran xeradoras de emprego". Este montante é resultado da suma dos 5,9 millóns do superávit de 2012 e os investimentos de Aqualia para 2014, que superan os 4 millóns de euros. Engadiu que a estes investimentos haberá que engadir os previstos no documento de orzamentos do exercicio 2014.