mércores, 9 xan 2019
Os obras de mellora da Praza de América e a súa contorna empezarán este xoves cun investimento de 1,4 millóns de euros. "Vai a ser unha zona emblemática de Vigo para vivir e pasear", sinalou o alcalde. Ademais, está xa rematada a reforma da praza do Barrio das Flores, en Sanjurjo Badía.
luns, 7 xan 2019
O Concello investiu na humanización de Camelias 7,2 millóns dos que 2,1 se corresponden coa última fase, a que vai desde Juan Ramón Jiménez ata a avenida da Hispanidade. Ademais da renovación de redes de abastecemento, saneamento e alumeado, se prevé a creación dun novo espazo público entre os números 19 e 21 da rúa.
mércores, 2 xan 2019
A Xunta de Goberno Local deu luz verde á contratación das obras de mellora da contorna da Praza que empezarán a próxima semana. Quedou aprobado tamén contrato do servizo de teleasistencia domiciliaria por 93.600 euros anuais e a inversión de máis dun millón de euros no firme da rúa Areal e de Castelao.
xoves, 27 dec 2018
O alcalde supervisou hoxe xoves a montaxe dunha pasarela de 40 toneladas, á altura de Pi y Margall, que servirá como miradoiro e de acceso ao elevador que unirá Torrecedeira e Pi y Margall. O orzamento, de 2,8 millóns, inclúe a renovación completa do parque Camilo José Cela.
mércores, 26 dec 2018
Cun investimento de máis de 870.000 euros, supón a renovación de pavimentos e redes de saneamento e abastecemento amais de permitir a conexión vertical de Torrecedeira e Marqués de Valterra e contar cun mural de arte urbana.
venres, 21 dec 2018
Segundo explicou Abel Caballero este venres, o goberno de Vigo validou a clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- para cubrir o patio do colexio Canicouva, construír unha nova sala de lectura-biblioteca en Navia e humanizar a Travesía Escolas Públicas e a rúa Mantelas.
venres, 21 dec 2018
Este venres queda instalada a estrutura de aceiro de 25 metros que acollerá no seu interior o ascensor panorámico que unirá Torrecedeira con Pi y Margall, xunto ao parque Camilo José Cela, que tamén será completamente renovado. O alcalde, quen visitou os traballos de montaxe, subliñou o investimento próximo aos 3 millóns.
luns, 17 dec 2018
Un informe en profundidade de Galaicontrol do ano 2013 e unha inspección de Zubia Ingenieros deste pasado 28 de novembro revelan que "non se aprecian síntomas de esgotamento da estrutura" de Marcador, no estadio de Balaídos, segundo revelou este luns Caballero.
luns, 17 dec 2018
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance este luns das obras que están en marcha na actualidade ou que serán proxectadas dentro do presente mandato. "Nunca na historia da cidade houbo nada parecido", dixo o rexedor tras a súa visita á humanización da Avenida Atlántida.
luns, 10 dec 2018
O alcalde deu conta esta mañá dun investimento de 5,8 millóns en obras en marcha ou a punto de comezar. En concreto, referiuse á última fase da humanización de Camelias, á remodelación de Marqués de Valterra -xa rematada- e ao parque de Camilo José Cela, estas dúas últimas actuacións, con ascensor incluído.