O Concello inicia o mércores a "rehumanización" de Luis Taboada
A céntrica rúa está "moi deteriorada" pese a ser arranxada polo anterior goberno de Vigo e o actual comeza o próximo mércores, 20 de marzo, a súa "rehumanización", en verbas de Caballero, sen pedra e cun firme como o instalado na Alameda.
As obras prolongaranse polo prazo aproximado dun mes desde o próximo mércores, 20 de marzo, data na que o Concello pechará Luis Taboada ao tráfico para proceder á súa "rehumanización", segundo informou este mércores Abel Caballero.
Nas inmediacións da Praza de Compostela, Luis Taboada foi remodelada polo goberno anterior á chegada á Alcaldía de Abel Caballero, quen hoxe censurou "outro desastre" de reforma, que provocou "moito ruído" e un "forte" deterioro do firme. Así, a obra que comezará o Concello a próxima semana substituirá a pedra actual por asfalto, seguindo o esquema xa implantado na Alameda.