Óscar Villar, director da Coral Casablanca, Vigués Distinguido 2019
O alcalde anunciou este mércores que vai propoñer a súa candidatura para recibir o recoñecemento da cidade. Amais, anunciou o comezo do programa educativo "Vigo no tempo" que achegará a historia da Reconquista a 500 escolares vigueses.
Abel Caballero deu a coñecer hoxe que Óscar Villar Díaz, director da Coral Casablanca, será condecorado como Vigués Distinguido 2019 na gala que se celebrará o vindeiro 27 de marzo ás 20:00 horas no Teatro Afundación.
Segundo detallou, Óscar Villar, formouse no Conservatorio de Vigo, comeza a dirixir orquestras e corais con 17 anos e dende 1988 é responsable da dirección da Coral Casablanca "converténdoa nunha coral de ámbito europeo na súa calidade" e que ten acadado numerosos recoñecementos, amais do de Viguesa Distinguida no ano 1998.
"Vigo no Tempo"
O rexedor informou tamén do comezo do programa educativo "Vigo no Tempo" co que o Concello achega a historia da Reconquista en Vigo a máis de 500 escolares de 5º e 6º de Primaria. O programa inclúe visitas guiadas polo Casco Vello, proxeccións e consegue que as nenas e nenos se familiaricen coa historia e cos escenarios da Reconquista...
Segundo explicou, o obxectivo é transmitir ao alumnado "a historia e cultura de finais do século 18 e primeiros do XIX para poñelos no contexto histórico daquel momento da cidade, que era moito máis importante nese momento do que nos querían facer crer" apuntando que cada vez existe un mellor coñecemento do noso pasado.