venres, 15 mar 2019
O alcalde reiterou hoxe a necesidade de que Vigo conte con tren de alta velocidade por Cerdedo directo a Madrid porque é "a única grande cidade que queda fóra do AVE". Amais, considera que Vigo debe ser porto Nodal e defende a alta velocidade con Oporto.
venres, 15 mar 2019
Abel Caballero anuncia que, desde o 24 de marzo e ata finais do mes de outubro, Air Nostrum conectará Vigo coa capital francesa con tres frecuencias semanais que sumarán 186 voos e 18.600 prazas.
venres, 15 mar 2019
Abel Caballero avanzou este venres que a Xunta de Goberno Local aprobou a solicitude para estar presente no proxecto 5G-MOBIX, unha plataforma europea que desenvolverá as conexións de última xeración no corredor Vigo-Oporto co obxectivo de melloras cuestións como o tráfico.
venres, 15 mar 2019
Abel Caballero recibiu este venres a un grupo de alumnas do colexio Las Acacias que acaban de gañar a fase galega do concurso de robótica e enxeñaría First Lego League para o que desenvolveron un robot. Ademais foron recoñecidas co Global International Award polo seu proxecto científico co que achegan solucións innovadoras para o mundo real e que lle presentaron ao rexedor esta mañá.
venres, 15 mar 2019
O Concello de Vigo coopera coa Fundación Telefónica na posta en marcha de cursos para programar Java que se impartiron nas aulas do Auditorio Mar de Vigo ao longo dos últimos tres meses. Durante a entrega de diplomas, o alcalde louvou esta iniciativa formativa pola súa alta empregabilidade e o valor engadido que achega.
venres, 15 mar 2019
Abel Caballero e Carmela Silva saudaron esta mañá aos alumnos de diferentes centros educativos de Vigo que se achegaron á proba de son didáctica que As Ramonas en tour realizaron na Porta do Sol, con obradoiros de educación igualitaria. Esta actuación, organizada pola Deputación coa colaboración do Concello, é a primeira dunha xira por toda a provincia que comezará esta noite ás 22,30 h na Porta do Sol.
venres, 15 mar 2019
Os equipos de voleibol e balonmán poderán xogar esta fin de semana os seus partidos en outras instalacións da cidade despois de que os vestiarios do pavillón de Coia resultasen afectados por un incendio. O lume declarouse a madrugada do venres e non afectou a estrutura nin á pista de xogo.