Escoitar

Vigo suma París ás súas conexións internacionais

Abel Caballero anuncia que, desde o 24 de marzo e ata finais do mes de outubro, Air Nostrum conectará Vigo coa capital francesa con tres frecuencias semanais que sumarán 186 voos e 18.600 prazas.

venres, 15 mar 2019
O alcalde amosou a súa "gran satisfacción" porque o aeroporto de Vigo sume unha nova conexión internacional a París e anunciou que "seguiremos poñendo rutas" e "tentaremis repoñer os voos que non opera Ryanair", mencionando destinos como Londres ou Barcelona, aos que deixou de voar a compañía irlandesa.

Así, Air Nostrum comenzará a operar o voo Vigo-París o próximo domingo 24 de marzo; día do voo inaugural ás 15:00 horas, con tres frecuencias semanais nunha oferta que se estenderá ata finais de outubro. En total vanse efectuar 186 voos e van ofertarse 18.600 prazas.