mércores, 13 marzo 2019

O Concello de Vigo premia aos deportistas promesas da temporada 2018

mércores, 13 mar 2019

Abel Caballero entregou este mércores os diplomas aos deportistas promesas da cidade temporada 2018. Trátase de 15 nenos e 15 nenas, propostas polas súas respectivas federacións, que destacaron o pasado ano nas súas disciplinas. O acto de entrega, levado a cabo na Alcaldía, é a previa da Gala do Deporte de Vigo que se celebrará este xoves no Teatro García Barbón (Afundación).