Vigo, disposto a acoller o encontro de cidades próximas ao pobo saharauí
O rexedor mantivo un encontro este mércores con Carmelo Ramírez, presidente da Federación Estatal de Institucións Solidarias co Pobo Saharauí, quen lle propuxo celebrar na cidade unha reunión de cidades próximas ao Pobo Saharauí de toda Europa.
Abel Caballero dixo aceptar a proposta de Carmelo Ramírez, presidente da Federación Estatal de Institucións Solidarias co Pobo Saharauí e conselleiro de Cooperación Institucional do Goberno de Canarias, de xeito que Vigo asumiría a organización local do encontro, cuxa celebración final se decide a finais deste mes de marzo.
Tal e como avanzou o alcalde, trataríase dunha "grande reunión de cidades próximas ao pobo saharauí de toda Europa en Vigo, no próximo outono", traendo á cidade a arredor de 300 ou 400 "reitores de concellos de toda Europa" para abordar temas relacionados co pobo saharauí e a acción humanitaria na zona".
Lembrou Caballero que Vigo recibe cada ano preto de 100 nenas e nenos, que chega á cidade da man do programa Vacacións en Paz polo que son acollidos por familias viguesas, pagando o Concello "os custos das viaxes e os custos excepcionais que poida haber".
Descargar todas as imaxes