O aeroporto de Vigo experimentou en febreiro un incremento dun 7,4% de pasaxeiros
Abel Caballero valorou esta mañá os datos do aeroporto de Vigo no mes de febreiro, período no que os pasaxeiros creceron nun 7,4% respecto a 2018. Unha cifra que se eleva a 143.129 tendo en conta o acumulado do ano.
72.582 pasaxeiros pasaron polo aeroporto de Vigo o pasado mes de febreiro, unha cifra que supón un incremento dun 7,4% respecto aos datos de 2018 e que eleva aos 143.129 o acumulado do ano que tamén crece nun 6,5%. Trátase dun "bo comezo de ano" para Peinador, que foi a terminal que máis creceu o pasado mes, por riba da media nacional, que se sitúa en 6,4%. A Coruña subiu menos que Vigo, mentres que Santiago baixou nun 1,18%.