O alcalde solidarízase cos profesionais sanitarios e demanda á Xunta máis persoal
O Punto de Atención Continuada (PAC) de Vigo volveu ver agravada a súa situación esta fin de semana ao quedarse cun médico menos -trasladado polo SERGAS-, por cuarta vez este ano. "Non é tolerable nin admisible", denunciou Abel Caballero, quen requiriu máis persoal á Xunta e recoñeceu o traballo dos profesionais.
A situación do PAC de Vigo é habitualmente de "gran precariedade", con catro médicos, e viuse agravada esta fin de semana coa decisión do Sergas de trasladar a un dos profesionais. Abel Caballero explicou que esta situación "non é tolerable nin admisible" e esixiu á Xunta de Galicia que o dote de máis persoal.
O alcalde quixo facer un "inmenso recoñecemento" aos profesionais da sanidade viguesa, que "están a suplir co seu traballo e coa súa dedicación as carencias de persoal do sistema sanitario de Galicia, neste caso do de Vigo, que é o que ten máis carencias de toda Galicia".
"Seguirei alzando a miña voz, que ao final é a voz da cidade, reclamando ao señor Feijóo solución urxentísima a estas deficiencias e a estas carencias de persoal", afirmou Caballero. Para o alcalde, o presidente da Xunta "lle debe unha desculpa a todo o persoal sanitario de Vigo e sobre todo o que lle debe é a atención de dotar de máis persoal tantos e tantos centros" da sanidade viguesa, entre os que citou o PAC de Pizarro.
Descargar todas as imaxes