O Concello traslada as actividades deportivas do Pavillón de Coia a outras instalacións
Os equipos de voleibol e balonmán poderán xogar esta fin de semana os seus partidos en outras instalacións da cidade despois de que os vestiarios do pavillón de Coia resultasen afectados por un incendio. O lume declarouse a madrugada do venres e non afectou a estrutura nin á pista de xogo.
O Concello de Vigo xa reprogramou as actividades deportivas que estaban previstas celebrar no Pavillón Municipal de Coia debido ao incendio que afectou a madrugada do venres ás instalacións.
Segundo informou o alcalde en rolda de prensa, a competición prevista esta fin de semana para o Club Vigo Voleibol será trasladada ao Pavillón de Teis, nos mesmos horarios nos que estaba prevista inicialmente. Da mesma forma, as competicións do Club Balonmán Seis do Nadal vanse celebrar no Pavillón Municipal de Coruxo e a prevista para o domingo será no Pavillón de Bembrive.
Durante a vindeira semana, seguirase traballando para que a instalación de Coia estea en condicións óptimas de uso no menor prazo de tempo posible.
O incendio rexistrouse ás 05:15 horas da madrugada do venres cando unha patrulla da Policía Local deu alerta. Os efectivos de Bombeiros desprazados ao pavillón localizaron o conato de incendio nun almacén no que había material deportivo e un frigorífico, probable causa do curtocircuíto que orixinou o lume, segundo as primeiras hipóteses.
Tras tres horas de traballo, os Bombeiros abandonaron a instalación, unha vez sufocado o incendio e deixando a instalación en condicións de seguridade para o acceso á mesma por parte do persoal municipal.
Os arquitectos municipais explicou Abel Caballero- descartaron que exista perigo estrutural nas instalacións. Os maiores danos concentráronse nos vestiarios e no almacén, mentres que a pista de xogo e o resto do pavillón non foi alcanzado polo lume.