xoves, 14 feb 2019
O alcalde asistiu este xoves á colocación da primeira pedra da nova senda peonil e para bicicletas que percorrerá a antiga vía do tren dende a estación de Urzáiz ata Teis e que ten un orzamento de 1,4 millóns de euros.
martes, 12 feb 2019
O alcalde de Vigo avanzou este martes que estudará a reforma da Praza Elíptica cos veciños da zona para levar a cabo unha humanización. "Quero estudar as consecuencias que tería para o tráfico", sinalou o rexedor tras recibir as propostas dos veciños nunha xuntanza.
martes, 12 feb 2019
Anunciouno este martes Abel Caballero en rolda de prensa, quen engadiu que o Concello actuará nas rúas Forno e Calazas nesta segunda fase, logo de ter xa mellorado a rúa Ribadavia e as travesías primeira e segunda. Na confluencia de Redomeira e Aragón, o goberno vigués incluirá unha zona verde na remodelación.
martes, 12 feb 2019
O goberno local está a humanizar a rúa Mantelas cun orzamento de 522.000 euros e que suporá a renovación de beirarrúas, pavimento e canalizacións. O rexedor destacou, logo da visita as obras, que é a primeira vez que ningún goberno local actúa na zona de A Salgueira.
luns, 11 feb 2019
Abel Caballero informou este luns de que xa está en marcha o expediente para construír un novo aparcamento xunto ao Hospital Álvaro Cunqueiro. "Iniciamos a tramitación oficial e a Xunta recibirá un requirimento oficial de compra ao que está obrigada a contestar", sinalou o alcalde.
venres, 8 feb 2019
O alcalde deu conta este venres do inicio, nos próximos días, de trinta e unha actuacións nas parroquias viguesas e informou da prórroga do contrato do Centro de Usos Múltiples Vigosónico.
venres, 8 feb 2019
A próxima semana, o goberno de Vigo comeza a renovación de 75 puntos de luz LED e a instalación de pasos de peóns sobreelevados en Teixugueiras, segundo anunciou este venres Abel Caballero. O alcalde tamén datou para a semana que vén o inicio das obras da sala de usos múltiples e, para este mes, a apertura da primeira fase do novo parque de Navia.
mércores, 6 feb 2019
O alcalde detallou esta mañá as obras que o Concello ten humanizacións pendentes de inaugurar por valor de 7 millóns de euros. Unha cantidade á que hai que sumar obras en marcha o a piques de comezar que alcanzan un investimento superior aos 5 millóns de euros e que elevan a 12 millóns o total das inversións que neste momento se están a acometer na cidade.
martes, 5 feb 2019
O Concello inicia o último tramo da senda fluvial do río Lagares habilitando o tramo que vai desde Manuel Álvarez á avenida de Madrid, cun orzamento que se eleva aos 800.000 euros. O próximo xoves, o goberno local aprobará o proxecto de expropiación de 96 parcelas o que permitirá acometer 3.600 novos metros de paseo.
xoves, 31 xan 2019
Abel Caballero informou hoxe xoves da clasificación das ofertas presentadas para acometer a remodelación da Avenida, no tramo entre Serafín Avendaño e a glorieta que conflúe con Rosalía, por medio millón de euros. Engadido ao xa humanizado, o Concello leva investido 2,5 millóns en García Barbón.<br />