O Concello recibe as obras da grada de Río e do patio cuberto do colexio Rocío
O alcalde informou da recepción este mércores da obra da grada de Río, unha vez rematada e entregada pola empresa, de maneira que o Concello pode poñela xa a "á enteira disposición do Celta para operar con normalidade", apuntou.
Durante a realización da obra, o goberno municipal tiña que poñela a disposición do Club en cada partido e devolvela despois á empresa construtora, que a cedera previamente. Amais, o Concello recibiu hoxe a obra da cuberta do patio do CEIP Virxe do Rocío que pasa a disposición do centro educativo.