Escoitar

Caballero aplaude o traballo do Grupo Nova Pescanova en Namibia e o protagonismo da muller no sector

A empresa galega estrea o documental "A cidade que naceu do mar" que mostra, a través de historias reais, o renacemento de toda unha cidade grazas ao impulso da industria Pesqueira.

martes, 5 mar 2019
1551794104050319AlcaldePescanova_01.JPG
O Grupo Nova Pescanova estreou esta mañá "A cidade que naceu do mar", un documental que narra o progreso de Luderitz, unha pequena localidade ao sur de Namibia que conseguiu renacer grazas ao impulso da industria pesqueira tras a chegada da empresa galega hai case 30 anos.

Baseado en personaxes e historias reais, o fío condutor do documental é Nelago, a primeira muller de Namibia que logrou converterse en capitá de barco. Unha historia de superación e de soños conseguidos.

"Merago é un exemplo da importancia das mulleres no mundo do mar e do cambio a unha nova era; o esforzo de mulleres como ela indícanos cara a onde debemos camiñar", afirmou o alcalde. Ao mesmo tempo, Caballero felicitou ao Grupo Nova Pescanova por este proxecto "no que confirma estar sempre á beira da sociedade e do progreso".

Ademais, destacou a importancia de que os traballadores do mar sigan involucrándose no respecto cara aos océanos e "querer ao mar como a nosa propia vida; algo que os vigueses coñecen moi ben".

Na estrea participou tamén o conselleiro delegado de Nova Pescanova, Ignacio González, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana. González destacou o compromiso do grupo cos recursos naturais e coa responsabilidade social "con proxectos en máis de vinte países". En Luderitz, en concreto, relatou como contribuíron ao desenvolvemento socioeconómico da cidade coa construción de vivendas, garderías, parques infantís e o impulso laboral das mulleres.

Tamén estivo a protagonista da produción, Johanna Nelago, que apostou por "non abandonar os soños nin sequera pola presión, xa que ela é a que converte a pedra en diamante".
1551794104050319AlcaldePescanova_01.JPG
1551794188050319AlcaldePescanova_02.jpeg
Descargar todas as imaxes