Paseos polo Vigo Literario: Francisco Castro e "Tes ata as 10"
O Concello de Vigo informa de que o vindeiro 9 de marzo a un paseo literario guiado por Francisco Castro, autor da novela "Tes ata as 10", que nos levará polos principais espazos onde transcorre a trama.
"Tes ata as 10" conta a historia de Antonio, un home que recibe un correo electrónico do seu pai cando apenas levaba un día falecido. A partir de ese suceso, o autor constrúe unha trama que contén, á súa vez, moitas historias distintas. A través de correos electrónicos, cartas e outra clase de pistas misteriosas e sorprendentes, o seu pai, morto, ou quen está a facerse pasar por el, vai obrigando a que o protagonista investigue un terrible asunto do pasado que quedou sen resolver.
O punto de saída do paseo literario é a Praza da Constitución con destino a Porta do Sol, ao edificio onde estaba situado "El Pueblo Gallego", que serviu de inspiración para recrear o "Eco de Vigo", o xornal onde traballa o pai do protagonista da novela. O percorrido seguirá cara o teatro Gracía Barbón, para parar na antiga Churrería Bonilla de camiño cara a rúa Lois Taboada, rúa que albergaba a enigmática imprenta da historia. Tras o paso pola Praza de Compostela e o Porto Deportivo, finalizará o percorrido na estatua de Xulio Verne, protagonista da cidade e da novela.
As prazas están limitadas a 50 polo que a súa reserva estará dispoñible dende o luns 4 de marzo, en horario de 9 a 14 h, a través do teléfono 986 810 281.