Escoitar

O alcalde e o secretario de Estado revisan os investimentos de Fomento para Vigo

Abel Caballero viaxa este luns a Madrid para entrevistarse co secretario de Estado de Infraestruturas, Pedro Saura, con quen abordará a marcha dos principais proxectos que ten o Ministerio coa cidade: a rehabilitación da muralla do Castro, a humanización da Avenida de Madrid, o túnel da autovía a Porriño, o AVE e a estación de Urzáiz, ademais da Vía Verde, xa en obras.

luns, 4 mar 2019
1551722132DSC_0018.JPG
O alcalde citou especialmente a estación do AVE, os accesos á cidade, á autovía de Vigo a Porriño e Madrid, o desbloqueo do AVE directo coa licitación do estudo hidroxeológico, a recuperación das murallas do Castro e a remodelación da Avenida de Madrid. Caballero tamén citou a vía verde, o novo paseo peonil e ciclista pola antiga vía de tren, que xa está en obras.

Son "tantos temas tan importantes" os desbloqueados nestes sete meses do Goberno de España, aseverou Caballero, quen engadiu que Concello e Ministerio celebran "reunións periódicas" -neste caso co secretario de Estado- para analizar conxuntamente a marcha e situación na que se atopa cada un dos proxectos.
Descargar todas as imaxes